Fixemos a nosa estancia en Hotel El Tombo en Cordiñanes de Valdeón e dende alí fixemos a primeira etapa ata Cain . Unha etapa sinxela con un descenso paulatino, ainda que o empezar no Hotel tivemos que subir ata o Miradoiro do Tombo que foi inaugurado o 10 de agosto de 1964, no lugar erixese unha cruz de ferro e unha columna de pedra sobre a que se sitúa a escultura de un rebeco, obra deJose Luis Coomonte. Conta con un gravado no que se enumeran todas as cimas que poden distinguirse desde o lugar, co seu perfil, para facilitar a identificación. Unha de elas e o Monte Corona, lugar onde según a tradición Don Pelayo foi nomeado xefe dos cristiáns no inicio da reconquista en España Este miradoiro está dedicado polos montañeiros de León a D. Julián Delgado Úbeda, presidente da Federación Española de Montañismo.
Comezamos o descenso e podemos ver unha Via Ferrata de recente construción que a mais de un lle apeteceu volver algún día para facela.
. Seguimos baixando e desviamonos uns metros para ver a antiga necropolis medieval de Barrejo. Unha necropolis que se localizou en 1996 durante os traballos de construción da central eléctrica de Cordiñanes modificando o seu emprazamento como resultado do achado permitindo a documentación e conservación do xacemento.
Seguimos coa ruta e a os poucos metros volvemos a desviarnos para ir ata O Chorco dos Lobos Antigamente, e debido a abundancia de estes carnívoros na zona e o aislamento xeográfico que padecia o propio territorio de Valdeón, sobre todo en inverno, o Chorco dos lobos era posiblemente un importante punto de unión para a defensa e o interes dos habitantes de Valdeón, isto e para os pobos de Caldevilla, Soto, Posada, Prada, Los Llanos, e Cordiñanes. Hasta tal punto tivo o seu peso na sociedade de Valdeón, que se escribiron, dende os seus inicios, as “Ordenanzas de Montería”, onde se detalla o sistema de acoso e captura dos lobos, especificando os postos e funcions a desempeñar por cada persoa, así como as obligacions dos veciños para o mantemento da empalizada e do Chorco e incluso do mesmo monte da Corona.
despois de visitar o Chorco seguimos coa nosa ruta e chegamos ata A Ermita da Corona que está enclavada no monte do mesmo nome está situado a mitade de camiño entre as localidades de Cordiñanes e de Caín. Neste enclave conta a tradición que foi coroado Rey Don Pelayo, e como toda lenda non deixa de ter o seu fondo de razón.
Dende aquí seguimos co descenso ata Cain que será onde paremos a ruta ata o día seguinte, alí nos espera o autobús que nos levara de novo ata o Hotel onde ceamos e logo tivemos unha sobremesa degustando, como xa é habitual nas rutas de fin de semana, de un licor café para logo ir a durmir.
Ao día seguinte comezamos en Cain o descenso ata Poncebos a traves do camiño que se fixo para a conservación da central eléctrica de Camarmeña.
Cruzamos o Río Cares a traves da Ponte dos Pinteros e entramos,despois de cruzar varios túneles con bastante humidade debido as pequenas cascadas que hai na zona, no desfiladero que nos vai levando ata cruzar a Ponte dos Rebecos e dende aquí a garganta xa empeza a ampliarse e podemos desfrutar de como o Río Cares se foi abrindo paso a traves da pedra, cruzamos otra vez o río a traves da ponte de Bolín.
Seguimos coa ruta e a media ruta podemos ver no fondo do val o resurximento dun río subterráneo con un caudal mui sostido, e dende aquí cando empeza a chover e fainos mais dificultosa a ruta porque aínda que chove tamén fai calor.
Cruzamonos con unhas cabras que están moi acostumadas a xente porque nada mais parar para comer algo, alí se presentan para pedir comida. Seguimos a traves da senda apreciando toda a súa beleza e a auga aumenta o que fai mais dificultoso o camiñar.
Despois de subir a Os Collados comezamos o descenso a Poncebos, que se fai resbaladizo pola auga que está a caer, ao chegar a pradería de Culiembro podemos ver duas vivendas que foron anteriormente habitadas o cal despois de pasar por diante delas xa quedan poucos metros para chegar o final da ruta.
Unha vez que chegarón todos e se cambiaron, porque quen mais ou quen menos mollouse algo, subimos ao autobús que nos levara ata arena de Cabrales para comer e dende alí de volta a casa
Vemonos na seguinte que será a Ruta do río Coruxo no Viveiró ( Muras )
Historia
Antes da existencia deste camiño, a única comunicación entre os dous pobos de Caín e Poncebos era un recorrido de máis de 100 km que bordeaba as montañas circundantes. A ruta era a única comunicación entre ambos pobos durante as nevadas de inverno que bloqueaban los portos de montaña que tiñan que franquear por estrada
O primeiro camiño do Cares excavóuse na pena entre 1915 e 1921, durante a construción dun amplo canal destinado ao subministro de auga da cámara de carga de Camarmeña, desde onde por unha dobre condución con unha caída de 230 m alimenta as turbinas da central hidroeléctrica de Poncebos.
A orografía inaccesible da garganta complicou moito o traballo da construción, que requiriu eouso de dinamita e de cordas das que se descolgaban os traballadores. Era entón un camiño estreito destinado alo mantemento do canal. Unhas 500 persoas participaron na construción do canal e do camiño, moitos deles galegos e a maioría barrenistas, así como xentes da zona; e 11 delas faleceron en accidentes de traballo en particular por caídas en el vacío.
Despoi o camiño acondicionouse e ensanchouse entre setembro de 1945 e xuño de 1950, pasando a ter un ancho de un par de metros. Participaron 45 obreiros, dos que dous morreron en accidente.
En 2011, un tramo do acantilado derrumbóuse ao nivel dun túnel do camiño, o que ocasionou o seu cerre temporal e a posterior construción dunha pasarela en beiril sobre o vacío para superar o desplome. O camiño fue reaberto o 1 de xullo de 2012.
Powered by Wikiloc
Powered by Wikiloc